Unha persoa con certa sensibilidade terá moito coidado cando se acerque a un obxecto valioso e fráxil. Dándose conta do que ten diante, andará con ollo de non ensucialo nin rompelo, ¿verdade? Como cando temos unha boa cristalería, que a temos a bo recaudo, por se acaso…
Elevando o noso pensamento a Deus, xa non digamos: descubrímolo infinito, perfecto, bondadoso ata límites que non podemos demarcar, completamente puro… Claro, a impresión é tal que nos pasa o que lle pasou a san Pedro ante o noso Señor, que lle dixo: Señor, apártate de min que son un pobre pecador. Home claro, a comparación déixanos tristes: Deus tan limpo e nós con tanta imperfección… Ou mirando cara a Virxe inmaculada... Onte diciamos que o traballo destes días e fixar a nosa mirada nela e non apartala. Pero, ¿que pasa? Que a vemos tan pulcra, tan libre de pecado e tan atenta a Deus que nos pode asustar. Por usar unha comparación, é como ser un neno que chega a casa cheo de lama. Un entra pola porta e ve todo tan limpiño que se pensa cinco veces a cousa antes de pisar.
Pois claro que si: María non ten rastro de pecado orixinal nin pecado algún, brilla ca forza e ca luz divinas, é como un cristal tan transparente que nos deixa pasar toda a luz e calor do Sol que é Deus. ¿E esto ha de tirarnos para atrás? De ningunha maneira, porque por encima de todo María é nai. E unha nai nunca deixa sen un cariño a un fillo, inda que chega a casa feito unha pena. Á súa experiencia me remito para que vexan como actúan vostedes neste caso.
¿Daranos, pois, medo acercarnos a María Inmaculada? Non, e mil veces non. Pero que esto non signifique chegar onda ela de calquera maneira. María quérenos limpos, puros, coma ela, así que non deixemos de acudir á confesión, á limosna, á oración e ás boas obras, a todo ó que é do agrado de Deus. E non deixemos de evitar tódalas ocasións de pecado.
María é o noso modelo: así é como nos quere Deus. Non esperemos a estar ás portas da morte para purificarnos e levar unha vida como Deus manda. Empecemos agora, da man de María, a nosa nai inmaculada.
Non pensedes que esto é algo raro ou só para uns poucos; para nada. Esto, como oiamos no Evanxeo é para os humildes e sinxelos, para os pequenos. Pois fagámonos nós pequenos nos brazos amorosos de María.
0 Pasos paseniños.:
Publicar un comentario en la entrada