viernes 4 de diciembre de 2009

Festexamos a san Francisco Xavier, misionero.

Creo que non me equivoco se digo que a Deus e a Xesucristo moitas veces lle chamamos “Señor”. Non é nada raro, por se alguén pensa que está facendo mal, para nada: é recoñecer quen é o máis forte e quen está por encima de todo poder e autoridade. Chamar así a Deus é caer na conta de que non temos que arrodillarnos ante ninguén máis ca El.

Dacordo, pero ¿podemos chamar así a Deus e quedarnos tan panchos? Se así o chamamos, así haberá que tratalo, ¿non?

Recordemos: no rezo do Angelus, na segunda aclamación, decimos “Aquí está a escrava do Señor”. Pero máis: a primeira lectura de hoxe. Dicía san Paulo: “sendo libre fíxenme escravo de todos para gañar ós máis posibles”. E, por se aínda nos quedan dúbidas, o santo que hoxe celebramos, San Francisco Javier, patrono das misións, era de familia acaudalada e acabou collendo como Señor a Deus, sen buscar outro poderoso na súa vida nin máis seguridade que seguir a súa vontade.

Eso si, todos eles non trataron a Deus de tal modo que estivesen querendo aproveitarse del. Moitas veces quedamos ó lado dos poderosos deste mundo porque son para nós fonte de boa vida e solucións para os nosos problemas. Pero con Deus non vale esto. Estar ó seu lado non significa ter a vida solucionada pero si ir coñecendo unha vida máis plena. Escoitai o que rezou unha vez san Francisco Javier: “¡Oh, Señor!, no me deis muchas consolaciones en esta vida; o ya que me las dais por vuestra bondad infinita y misericordia, llevadme a vuestra santa gloria, pues es tanta pena vivir sin veros, después que tanto os comunicáis interiormente a las criaturas”.

E miramos unha vez máis para María e sacamos a mesma ensinanza: o cristián non ten por que levar a mellor vida nin a máis segura pero si que ten que ser a persoa con máis confianza, que está da man do noso Bo Deus. Non é nada estraño: cada vez que rezamos o Noso Pai estamos dicindo “fágase a túa vontade aquí na terra coma no Ceo”, dándolle máis importancia a Deus como Señor que ós nosos gustos.

De todos modos, que bo señor temos no Señor, que nos di na Sagrada Escritura: chámovos amigos.