jueves 10 de diciembre de 2009

Simboloxía da Inmaculada.

Hoxe temos que deternos un ratiño na simboloxía da Inmaculada, na forma en que é representada a Virxe Inmaculada. Este tema é de cultura xeral pero pode axudarnos na nosa oración e vida se sabemos aproveitalo e o tomamos de maneira seria e profunda.

Porque podería parecernos que tódalas representacións da Virxe son iguais pero non é así. ¿Como se mostra a Inmaculada?

Xeralmente, de pé.En pé están os que están sanos e firmes, os que posúen unha dignidade e os que somos considerados como iguais por outros que están fronte a nós. Pero esta postura erguida do corpo soe vir complementada cunha posición orante das mans. Aquí móstrase a presencia de Deus e o espíritu relixioso da imaxe. A Virxe María está en pé ante Deus, como nós podemos estar así tamén durante parte da Misa.

Os ollos terán distinta dirección, dependendo do que o artista queira plasmar: hacia arriba, cara o Ceo, cara Deus; hacia abaixo, en reflexión e oración; hacia o frente, mirando cara o anxo.

As cores do manto poden ser as típicas de María: vermello, polo Espíritu Santo; branco, como símbolo da pureza, do seu ser inmaculada; azul, en referencia ó ceo.

Moitas veces encontramos á Virxe sobre unha Lúa. É un recordo da muller que aparece debuxada no Apocalipse, o último libro da Biblia. Xunto á Lúa ou sen ela, unha bola azul: representa o mundo. E non soe falta unha serpe ou unha representación parecida: aquí está representada a vitoria de María sobre o demo. É un cumplimento dunha profecía do Xénese, o primeiro libro da Biblia. ¿Aparecen tamén uns anxiños ou unhas cabezas de nenos? Son os anxos que alaban á Virxe como Nai de Deus.

Así, dun golpe de vista, podemos identificar a imaxe da Inmaculada.